Axuda

Benvida, benvido á VINTE PREGUNTAS, un xogo no que poñer a proba os teus coñecementos sobre a cultura pop-ular galega.

Está feito para xogares no teu móbil ou no ordenador, de maneira individual ou ben con outras persoas que estean contigo presencialmente ou por videoconferencia. Ti es o master do xogo. Podes engadir ata catro persoas para que participen en distintas quendas. Ao final do xogo mostrarse a clasificación de cada participante.

  • Na primeira só tes que contestar correctamente e ir gañando puntos .
  • Na segunda podes ver as respostas posibles e apostar puntos a gañar se acertas ou perder se fallas, unha vez que apareza a pregunta e contestes.
  • Na terceira xogas contra o reloxo, así que procura ser áxil lendo as preguntas e as respostas.
  • E na cuarta poderás usar dous comodíns.

Pero o mellor é que empeces a partida. Isto é moi sinxelo. A ver o que sabes.

Tempo estimado de xogo por persoa: 5 minutos